Tuesday 14 de May de 2024

Proseguen as xuntanzas sectoriais arredor do proxecto de Xeoparque do Cabo Ortegal


Xuntanzas sectoriais promovidas pola Asociación para a xestión do Xeoparque do Cabo Ortegal. Tralo encontro en Cariño da semana pasada -para colectivos empresariais e económicos-, onte tocoulle en Moeche ás entidades veciñais e hoxe foi a quenda en Valdoviño das ambientais e deportivas.

Mañá xoves 7 de abril remata en Cedeira esta primeira rolda de contactos co tecido social do territorio, na que se está falando do proxecto e tamén de como van poder integrarse nel os colectivos, algo básico para o éxito da candidatura e do futuro xeoparque.

O encontro de Cedeira terá lugar na Sala Áncora da Praza Roxa a partir das 17:30h. e a el están chamadas as entidades culturais, musicais, gastronómicas, de defensa do patrimonio, etc. A convocatoria é para todas as asociacións do territorio que traballen neses ámbitos, non só para as de Cedeira. Cómpre inscrición previa a través deste formulario https://bit.ly/3KwTUm1